logo
Nome do centro
banner da universidade

Profª. Drª. Susana Álvarez González

Profesora Contratada Doutora de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo

Curriculum

Profesora Contratada Doutora de Filosofía do Dereito da Universidade de Vigo dende 2011.

A súa traxectoria académica atópase vencellada fundamentalmente a esta Universidade, onde se doutorou en 2006, coa tese “O Dereito á autodeterminación informativa: mecanismo de protección da persoa frente ao tratamento dos seus datos xenéticos”.

Premio extraordinario de doutorado no 2007, a súa traxectoria investigadora centrouse prioritariamente no estudo da fundamentación, recoñecemento e protección dos dereitos fundamentais, en xeral, e da protección de datos persoais en particular. Algunhas das súas publicacións nesta temática son “Dereitos fundamentais e protección de datos xenéticos”, Dykinson, 2007; “A utilización de datos xenéticos polas compañías aseguradoras”, Fundación MAPFRE, 2006 ou “Historia clínica e protección de datos persoais. Especial referencia aos portadores do VIH”, Dykinson, 2011. Ten participado en numerosos proxectos de investigación de ámbito nacional, estatal e autonómico, entre os que destaca o programa “O tempo dos dereitos” Consolider-Ingenio 2010, no que coordina o grupo HI13 da Universidade de Vigo. Asimesmo, ten intervido coma profesora en diversos cursos e programas de doutoramento e maestrías en España e no estranxeiro.

En relación coa temática do proxecto “Desenvolvemento rural sostible en territorios insulares e costeiros. Especial referencia aos países en vías de desenvolvemento e á promoción de sectores de poboación vulnerables –DERTIC-“ podense sinalar, entre outras, as seguintes aportacións: “Notas sobre a protección do medio ambiente na Constitución Española” en Políticas Públicas Ambientais, Arcibel Editores, 2008; “Os atentados graves contra o medio ambiente coma inxerencia na vida privada e familiar na xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos”, en "Os novos retos da sostenibilidade e a protección ambiental: reflexións dende as dúas beiras", Arcibel Editores, 2009 (ambas en colaboración coa profesora Ana Garriga Domínguez) ou “Desprazamentos transfronteirizos forzosos por causas medioambientais: a necesidade de buscar unha nova categoría xurídica para a súa protección”, en Agua&Derechos Humanos, 2011.

 

Facultade de Dereito | Campus Universitario | C.P. 32004 Ourense | España | Tel. +34 988 368 847 | sualvago@uvigo.es